imaxe

CICLO DE PRESENTACIÓNS

O pasado luns, 8 de setembro, demos o primeiro paso como Coordinadora da Mocidade Socialista. Unha ferramenta para facer do comunismo unha tendencia de masas na Galiza.

imaxe

Durante os vindeiros meses desenvolveremos a nosa campaña de presentación a través de numerosos actos ao longo do país. Estaremos presentes en todas as cidades, así como nalgunhas das principais vilas. Buscaremos estender por toda a Galiza a nosa actividade e liñas programáticas.

Ao longo da campaña que iniciamos baixo o lema “Un mundo enteiro por gañar”, traballaremos por presentar a nosa proposta política e a nosa aposta como organización. Unha proposta que xorde de máis dun ano de encontros, debates, unficación e clarificación política que deu lugar a un salto cualitativo para poder enfrontar as tarefas que nos impón o presente.

Levaremos a cabo os seguintes actos de presentación:

Santiago de Compostela | 27 de setembro
Vigo | 4 de outubro
Carballo | 11 de outubro
A Pobra do Caramiñal | 18 de outubro
Ourense | 25 de outubro
Ferrol | 1 de novembro
Pontevedra | 8 de novembro
Viveiro | 15 de novembro
A Guarda | 15 de novembro
Vilagarcía de Arousa | 22 de novembro
Lugo | 22 de novembro
Ponteareas | 29 de novembro
A Coruña | 13 de decembro

O contexto que vivimos evidencia, unha vez máis, a condena á guerra, resignación e destrución que conleva o capitalismo. A clase traballadora precisa recompoñerse como axente con voz propia, construír a súa independencia política como clase e recuperar a súa tarefa histórica cara a revolución socialista.

Desde a Coordinadora da Mocidade Socialista queremos convidar a toda a mocidade a acudir ás presentacións e comezar neste camiño.

Contacta, achégate e organízate!

Temos un mundo enteiro por gañar!